Ola un día máis a todas e a todos!
Espero que todas/os esteades de marabilla e que veñades con ganas de traballar, porque hoxe imos facer unha actividade que require moito da vosa atención! Imos falar dun tema que está moi de moda na actualidade, a fast fashion. Para iso, imos visualizar a seguinte reportaxe: "The true cost of fast fashion". Collede lapis e papel e tomade nota!
Unha vez visualizado o vídeo, entregareivos a transcrición do mesmo para que a leades e resolvamos posibles dúbidas de vocabulario. Rematado isto, recollerei de novo as transcricións e procederemos a ver por segunda vez a reportaxe. A continuación, trataremos de contestar as seguintes cuestións sobre o tema:
- Que é a fast fashion?
- Por que se desbota tanta roupa (pese a estar en boas condicións)?
- Onde se fabrica esta roupa?
- Quen merca estas pezas?
- Que consecuencias ten para o medioambiente?
- Que solucións se propoñen no vídeo?
- Que outras solucións se vos ocorren a vós?
Como sempre, segundo vaiamos empregando o vocabulario novo irémolo escribindo no encerado para que todo o mundo poida tomar notas.
Quizais o tema da moda non sexa o primeiro que nos vén á mente cando pensamos no quecemento global, pero, como vedes, non deixa de ser un elo máis da cadea.
Espero que esta actividade vos resultase proveitosa e que aprendésedes algo novo, non só en inglés, senón sobre moda.
Ata a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario